R_ Traballador/a social para centros de día de Rois, Pobra e Porto do Son.

REQUISITOS

Titulación Universitaria en Traballo Social.

Dispoñibilidade de incorporación inmediata.

Polivalencia e boa predisposición .

É desexable ter experiencia previa de al menos un ano en centros de dia maiores ou residencias.

Valórase estar en posesión do certificado de discapacidade (requisito non imprescindible).

 

 


FUNCIÓNS

Planificar e organizar o traballo social do centro mediante unha adecuada programación de obxectivos e racionalización do traballo.

Colaborar e realizar aqueles estudos encamiñados a investigar os aspectos sociais relativos aos residentes.

Executar as actividades administrativas e realizar os informes sociais dos residentes,e os que lle sexan pedidos pola dirección do centro, facilitar información sobre osrecursos propios, alleos e efectuar a valoración da súa situación persoal, familiar e social.

Realizar os tratamentos sociais mediante o servizo social de cada caso e de grupoa todos os residentes.

Fomentar a integración e participación dos residentes na vida do centro e da contorna.

Coordinar os grupos de traballo e animación sociocultural.Participar na comisión técnica.

Realizar as xestións necesarias para a resolución de problemas sociais que afectenaos residentes, principalmente coas entidades e institucións locais.

Participar, co equipo multiprofesional ou departamento médico, na elaboración dasorientacións ou da atención que necesiten os residentes.

Participar na asignación e cambio de habitacións e mesas do comedor co departamento de enfermería e a dirección.

Visitar aos residentes doentes.

En xeral, todas aquelas actividades non especificadas anteriormente que se lle pidane que teñan relación co anterior.

 

 


CONDICIÓNS

Lugares de traballo: Centros de Día das zonas de Rois, Pobra e Porto do Son.

Ofrécese contrato inicial de sustitución con posibilidade de incorporación.

Xornada parcial ou completa segundo necesidades do centro.

Retribución segundo o Convenio Colectivo.

 

 


Si Non