R_ Xerocultor/a para Centro de día en Arteixo



REQUISITOS

Dispoñer de certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes ou formación de FP en Sanidade, Auxiliar de Enfermería ou similar.

Dispoñibilidade de incorporación inmediata.

Polivalencia e boa predisposición .

É desexable ter experiencia previa de polo menos un ano en centros de dia maiores ou residencias.

Valórase estar en posesión do certificado de discapacidade (requisito non imprescindible).

 

 FUNCIÓNS

Hixiene persoal do usuario.

Limpeza e mantemento dos utensilios do residente, facer as camas, recoller a roupa, levala á lavandería e colaborar no mantemento das habitacións.

Dar para comer a aqueles usuarios que non o poidan facer por si mesmos. Neste sentido, ocuparase igualmente da recepción e distribución das comidas aos usuarios.

Realizar os cambios  posturales e aqueles servizos auxiliares que lle sexan encomendados de acordo coa súa preparación técnica.

Comunicar os incidentes que se produzan sobre a saúde dos usuarios.

Limpar e preparar o mobiliario, materiais e útiles da caixa de primeiros auxilios.

Acompañar ao usuario nas saídas, paseos, xestións, excursións, xogos e tempo libre en xeral.

Colaborar co equipo de profesionais mediante a realización de tarefas elementais que complementen os servizos especializados daqueles, para colaborar na autonomía persoal do residente e a súa inserción na vida social.

En todas as relacións ou actividades co residente, procurar complementar o traballo asistencial, educativo e formativo que reciban dos profesionais respectivos.

Actuar en coordinación e baixo a responsabilidade dos profesionais de que dependan directamente.

Sixilo profesional sobre os procesos patolóxicos que sufran os residentes, así como asuntos referentes á súa intimidade.

En xeral, todas aquelas actividades que, sen ser especificadas antes, sexanlle encomendadas, que estean incluídas no exercicio da súa profesión e preparación técnica, e que teñan relación co sinalado anteriormente.

 

CONDICIÓNS

Lugar de traballo: Centro de  dia de Arteixo

Ofrécese contrato inicial de substitución con posibilidade de incorporación.

Xornada parcial ou completa segundo necesidades do centro.

Retribución segundo o Convenio Colectivo.

 

Si Non