R_ Traballador/a social para centros de día na provincia de Pontevedra.

REQUISITOS

Titulación Universitaria en Traballo Social.

Dispoñibilidade de incorporación inmediata.

Polivalencia e boa predisposición .

É desexable ter experiencia previa de al menos un ano en centros de dia maiores ou residencias.

Valórase estar en posesión do certificado de discapacidade (requisito non imprescindible).

 

FUNCIÓNS

Planificar e organizar o traballo social do centro mediante unha adecuada programación de obxectivos e racionalización do traballo.

Colaborar e realizar aqueles estudos encamiñados a investigar os aspectos sociais relativos aos residentes.

Executar as actividades administrativas e realizar os informes sociais dos residentes,
e os que lle sexan pedidos pola dirección do centro, facilitar información sobre os
recursos propios, alleos e efectuar a valoración da súa situación persoal, familiar e social.


Realizar os tratamentos sociais mediante o servizo social de cada caso e de grupo
a todos os residentes.

Fomentar a integración e participación dos residentes na vida do centro e da contorna.

Coordinar os grupos de traballo e animación sociocultural.
Participar na comisión técnica.

Realizar as xestións necesarias para a resolución de problemas sociais que afecten
aos residentes, principalmente coas entidades e institucións locais.

Participar, co equipo multiprofesional ou departamento médico, na elaboración das
orientacións ou da atención que necesiten os residentes.

Participar na asignación e cambio de habitacións e mesas do comedor co departamento de enfermería e a dirección.


Visitar aos residentes doentes.


En xeral, todas aquelas actividades non especificadas anteriormente que se lle pidan
e que teñan relación co anterior.

 

CONDICIÓNS

Lugares de traballo: Centros de Día das zonas de Vilagarcía, Vigo (Coia-Valadares), Tomiño, Baiona, Porriño e Mondariz.

Ofrécese contrato inicial de sustitución con posibilidade de incorporación.

Xornada parcial ou completa segundo necesidades do centro.

Retribución segundo o Convenio Colectivo.

 

Si Non