R_ Xerocultor/a para centros de día na provincia de Pontevedra

REQUISITOS

Dispoñer de certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes ou formación de FP en Sanidade, Auxiliar de Enfermería ou similar.


Dispoñibilidade de incorporación inmediata.


Polivalencia e boa predisposición .

É desexable ter experiencia previa de al menos un ano en centros de dia maiores ou residencias.

Valórase estar en posesión do certificado de discapacidade (requisito non imprescindible).

 

FUNCIÓNS

Hixiene persoal do usuario.

Limpeza e mantemento dos utensilios do residente, facer as camas, recoller a roupa, levala á lavandería e colaborar no mantemento das habitacións.


Dar para comer a aqueles usuarios que non o poidan facer por si mesmos. Neste sentido, ocuparase igualmente da recepción e distribución das comidas aos usuarios.


Realizar os cambios posturales e aqueles servizos auxiliares que lle sexan encomendados de acordo coa súa preparación técnica.

Comunicar as incidencias que se produzan sobre a saúde dos usuarios.

Limpar e preparar o mobiliario, materiais e útiles do botiquín

.
Acompañar ao usuario nas saídas, paseos, xestións, excursións, xogos e tempo libre en xeral.

Colaborar co equipo de profesionais mediante a realización de tarefas elementais que complementen os servizos especializados daqueles, para colaborar na autonomía persoal do residente e o seu inserción na vida social.


En tódalas relacións ou actividades co residente, procurar complementar o traballo asistencial, educativo e formativo que reciban dos profesionais respectivos.

Actuar en coordinación e baixo a responsabilidade dos profesionais de que dependan
directamente.

Sigilo profesional sobre os procesos patológicos que sufran os residentes, así como
asuntos referentes á súa intimidade.


En xeral, todas aquelas actividades que, sen ser especificadas antes, sexanlle encomendadas, que estean incluídas no exercicio da súa profesión e preparación técnica, e que teñan relación co sinalado anteriormente.

 

CONDICIÓNS

Lugares de traballo: Centros de Día das zonas de Vilagarcía, Vigo (Coia-Valadares), Tomiño, Baiona, Porriño e Mondariz.

Ofrécese contrato inicial de sustitución con posibilidade de incorporación.

Xornada parcial ou completa segundo necesidades do centro.

Retribución segundo o Convenio Colectivo.

Si Non