Adapta inicia curso de informática

Actividade financiada a través do programa "Conectadas" da Deputación de Pontevedra. O obxectivo deste programa é potenciar a participación e a promoción das mulleres e favorecer as relacións interpersoais igualitarias, impulsando accións formativas e incorporando de maneira transversal os principios de igualdade, corresponsabilidade e conciliación da vida persoal, laboral e familiar.

A actividade, cunha duración de 35 horas, repartidas en dúas sesións semanais (martes e xoves) de dúas horas de duración da unha e con un módula transversal de igualdade, de 5 horas de duración, ten por finalidade mellorar a formación básica das mulleres na comunidade para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo e reducir a fenda dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías.