Adapta inicia curso sobre Internet, correo electrónico e manexo do teléfono móbil

O próximo día 31 de outubro iniciase en Adapta un curso sobre "Internet, correo eléctronico e manexo do teléfono móbil". O curso enmarcase dentro do programa Depo en Marcha, da Deputación de Pontevedra. Este programa ten como finalidade favorecer o envellecemento activo a través de distintos obradoiros que potencien movementos de participación e de cooperación social e promoven espazos de encontro e intercambio de experiencias, para evitar o illamento e situacións de soidade.

O curso, de 30 horas de duración, vaise iniciar o mércores 31 de outubro e rematará o 19 de decembro. As clases serán os luns e os mércores en horario de 16:30 a 18:30. A actividade va dirixida a toda a poboación interesada en participar, priorizando a participacion das persoas maiores de 50 anos e as persoas con discapacidade. O custe do curso é de 6€.

As persoas interesadas deberán contactar con Adapta para mais información ou para formalizar a reserva de praza. O número de prazas é limitado.