GRUMICO organiza obradoiro de prevención de problemas de espalda para persoas coidadoras

O venres 23 de febreiro, en horario de 9:30 a 13:30, grazas a Asociación Poten100mos, terá lugar na sede de GRUMICO un Obradoiro de Prevención de Problemas de Espalda para Persoas Coidadoras.

Os obradoiros serán levados a cabo polo fisioterapeuta Ricardo Pereira, o cal nos ensinará a formarnos nas principales técnicas de movilización de persoas dependentes, destacar a importancia e fomentar o uso de axudas técnicas para a movilización de pacientes, previr a aparición de patoloxía músculo-esquelética derivada dos xestos realizados durante a actividade realizada durante os coidados e a coñecer normas básicas de hixiene postural e a entenderla importancia da súa  integración na vida diaria.