O próximo xoves día 9 de novembro en horario de mañá de 09.30-13.30 contaremos na sede social de GRUMICO coa oportunidade de realizar gracias a ACOPROS, Asociación coruñesa de promoción del sordo, un
“Obradoiro de Comunicación Básica en Lingua de Signos e Medios de apoio á comunicación”
O taller consistirá nunha sesión de 4h na que se abarcá unha aproximación a Lingua de Signos con vocabulario básico e estratexias de comunicación con persoas con discapacidade auditiva. Ademais contaremos coa colaboración da compañeira de ACOPROS Fátima, audioprotesista, que nos mostrará os medios de apoio á comunicación, uso e funcionamiento deles.
As plazas do taller son limitadas polo que a adxudicación farase por riguroso orde de inscripción. Para inscribirvos podedes ou ben enviar un correo a trabajosocial@grumico.com indicando o voso interese en participar no taller e os vosos datos persoais nome, apelidos e número de teléfono de contacto ou ben chamar ao 981.13.51.51.