Os sábados, de 16:30 a 18:30 horas desenvolverase un obradoiro de ganchillo e coiro, impartido polos artesáns ponteses, Coralín Colorado. A través de clases personalizadas, os asistentes, guiados polo mestre levarán a cabo un proxecto artesán de maneira íntegra, desde a idea ata a execución do mesmo, pasando polo patronaje. Neste curso tamén aprenderán puntos básicos de ganchillo e técnicas sinxelas de traballo co coiro. O obxectivo desde obraroio é favorecer a imaxinación, potenciar a creatividade e fomentar as relacións sociais
As persoas interesadas en participar nestes cursos poden solicitar máis información no centro de A Xanela (Rúa Santiago s/n) no teléfono 981 45 24 16 ou no enderezo electrónico axanela@cogami.gal