• Lecer
  • 06 de octubre de 2017

A Xanela. Taller de Memoria

Neste taller, dirixido a persoas maiores de 45 anos, a través de actividades prácticas, axudarase aos asistentes a fortalecer e rehabilitar a memoria, a atención, o cálculo así como outras funcións cognitivas. Mediante sinxelos obxectivos búscanse a estimulación das funcións mentais superiores, o mantemento do nivel cognitivo, sensorial e funcional dos participantes. Ademais, grazas ás actividades que se poñerán en marcha neste taller, os participantes aprenderán a mellorar o seu estado de ánimo, a minimizar a tensión provocada pola perda de memoria á vez que melloran a súa autoestima, feito que evita situacións de illamento social.

O taller realizarase de forma grupal, desde outubro a xunio, os venres, de 10:30 a 12:00 horas no centro de A Xanela. As persoas interesadas en participar nestes cursos poden solicitar máis información no centro da Xanela (Rúa Santiago s/n) no teléfono 981 45 24 16 ou no enderezo electrónico axanela@ cogami.gal