• Lecer
  • 21 de agosto de 2017

Asem Galicia organiza I Torneo de pádel inclusivo TierraTech

As pistas de Vigo Pádel acollen do 21 ao 27 de agosto o I torneo de pádel inclusivo en beneficio da Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares grazas ao patrocinio de TierraTech e a colaboración da Federación Galega de Pádel.


O torneo inclusivo TierraTech - Asem Galicia conta coas categorías 1ª masculina, feminina e mixta federadas e 2ª e 3ª masculina, feminina e mixta non federadas e tamén haberá unha categoría inclusiva na que persoas con e sen discapacidade xogarán na mesma pista.

Ademais dos premios e trofeos para os gañadores, todos as persoas participantes recibirán un obsequio coa súa inscrición e participarán no sorteo dun cruceiro para dúas persoas. O prezo da inscrición é de 20€ e 17€ as categorías sucesivas. As inscricións están abertas ata o 17 de agosto na web de Progede.


Para todas aquelas persoas que tamén queiran colaborar con Asem Galicia pero que non queiran participar na competición poden facer un donativo no número de conta de Caixabank ES06 2100 5940 7302 0000 0236 ou a través da web de Asem Galicia.