• Lecer
  • 05 de mayo de 2018

ASPANEMI celebra os maios con flores

O vindeiro sábado 5 de maio levarase a cabo o Obradoiro Mensual de Pintura da Asociación ASPANEMI (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía). Terá lugar nos locais 1 e 2 do Local Social da Solaina, en Narón, en horario de 17:00 a 20:00 horas.

Os nenos e as nenas que asistan poderán disfrutar có Obradoiro "Os Maios de ASPANEMI" no que entre todos e todas elaborarán un maio, previa explicación da tradición destes festexos, para celebrar a nosa propia festa DOS MAIOS... Ó final do mesmo os e as asistentes desfrutarán dunha estupenda merenda saúdable.

Hai que lembrar que esta actividade está dentro do programa de Respiro Familiar; é dicir, que serve para dar un tempo libre a pais, nais e familiares dos nenos e nanas mentres que estes pasan un bo rato de ocio programado nun espazo plenamente inclusivo; posto que non só se centran no colectivo no que se basa a actividade da Entidade.