• Lecer
  • 06 de octubre de 2018

Aspanemi organiza un obradoiro de pintura

O vindeiro sábado 6 de outubro levarase a cabo o Obradoiro Mensual de Pintura da Asociación AS.PA.NE.MI (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía). Terá lugar nos locais 1 e 2 do Local Social da Solaina, en Narón, en horario de 17:00 a 20:00 horas.

As nenas e os nenos que asistan poderán desfrutar co Obradoiro “Un sorriso solidario de ASPANEMI”. Falaremos do Día Internacional do Sorriso (5 de outubro), da súa importancia e do motivo da súa conmemoración. Cada participante fará o seu bote dos sorrisos, que terá unha función “máxica”.  Ademais, cada un e cada unha poderá aportar o seu graniño de area (na medida das súas posibilidades, e nunca máis de 0´50 €) a unha doazón para un proxecto solidario da Asociación Creativos en Acción, no que recadan fondos para campos de persoas refuxiadas, de xeito que poidan facer sorrir a alguén a cambio dun debuxo. Tamén haberá espazo para a realización de xogos, e os e as asistentes desfrutarán dunha estupenda merenda saudable.

Hai que lembrar que esta actividade está dentro do programa de “Respiro familiar”; é dicir, que serve para dar un tempo libre a pais, nais e familiares dos nenos e nenas mentres que estes pasan un bo rato de ocio programado nun espazo plenamente inclusivo; posto que non só se centran no colectivo no que se basea a actividade da Entidade.