• Lecer
  • 08 de septiembre de 2018

ASPANEMI POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

O vindeiro sábado 8 de Setembro levarase a cabo o Obradoiro Mensual de Pintura da Asociación AS.PA.NE.MI (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía). Terá lugar nos locais 1 e 2 do Local Social da Solaina, en Narón, en horario de 17:00 a 20:00 horas.

As nenas e os nenos que asistan poderán desfrutar có Obradoiro “ASPANEMI pola PAZ e a NON VIOLENCIA”. Falaremos do Día Internacional da PAZ (21 de Setembro) e do Día Internacional da Non Violencia (2 de Outubro), da súa importancia e do motivo da súas conmemoracións. No transcurso do Obradoiro farase unha “solta” simbólica das nosas propias pombas da paz que levarán consigo, facéndoos voar,  os nosos desexos relacionados coa temática.  Ademais, cada un e cada unha aportarán o seu graniño de area a un mural que logo decorará a parede do local da Asociación. Haberá espazo para a realización de xogos, e tamén os e as asistentes desfrutarán dunha estupenda merenda saudable.

Hai que lembrar que esta actividade está dentro do programa de “Respiro familiar”; é dicir, que serve para dar un tempo libre a pais, nais e familiares dos nenos e nenas mentres que estes pasan un bo rato de ocio programado nun espazo plenamente inclusivo; posto que non só se centran no colectivo no que se basea a actividade da Entidade.