• Lecer
  • 02 de diciembre de 2017

Obradoiro de pintura decembro 2017

Os nenos e nenas que participen realizarán actividades plásticas en relación co próximo Nadal, como son a elaboración de adornos e creación de neve artificial. Logo, participarán en diferentes dinámicas e xogos de grupo. Ó rematar, reporán forzas cunha merenda.

Lembrar que esta actividade está dentro do programa de “Respiro familiar”; é dicir, que serve para dar un tempo libre a pais, nais e familiares dos nenos e nenas mentres que estes pasan un bo rato nun espazo plenamente inclusivo; posto que non só se oferta ó colectivo no que se centra a actividade da nosa asociación, senón que está aberto a calquera neno e/ou nena da contorna que queira asistir.