O vindeiro sábado, 27 de xuño, ás 15:30 horas, a Casa da Cultura de Xinzo de Limia converterase no escenario da cuarta edición do torneo “Xaque ó Emérito”, unha iniciativa organizada pola asociación Algaria (Asociación de Persoas con Discapacidade da Comarca de A Limia) que combina deporte, igualdade e convivencia arredor do xadrez.
Aberto a persoas de todas as idades, o torneo igualitario de xadrez contará cunha categoría infantil (a partir dos 6 anos) e outra para persoas adultas. Establécense premios para as tres primeiras posicións en ambas categorías: para o 1º posto un vale de 200 euros e un trofeo; para o 2º clasificado o vale será de 100 € xunto ao trofeo e o 3º posto contará cun vale de 50 € xunto ao trofeo. Estes vales poderán ser intercambiados nos comercios asociados a Prolimia.
A inscrición require un donativo de 5€ para persoas adultas e 3€ para o público infantil, que será destinado a fins sociais. O prazo para anotarse remata o 25 de xuño e as persoas interesadas poden solicitar máis información ou anotarse chamando ao teléfono
Con esta actividade, “Xaque ó Emérito” busca consolidarse como unha cita destacada no calendario cultural e deportivo da comarca, promovendo valores de igualdade, inclusión e pensamento estratéxico a través do xogo do xadrez.