Aberto o prazo para inscribirse na 9ª Carreira pola Diversidade da Asociación Ambar, que terá lugar o domingo, 9 de xullo, ás 10:00h na explanada de Coroso, en Ribeira. A Carreira, que pon en valor a práctica deportiva das persoas con discapacidade a través deste evento participativo, contará coas modalidades de 5km absoluta, zapatilla inclusiva, cadeiras de atletismo e hand bike. Despois da proba xeral comezará a quenda das probas infantís por grupos de idade.
Quen non poida participar nas modalidades ofertadas e desexen colaborar coa entidade, poderán facelo co Dorsal 0, a través dunha cota solidaria para apoiar as iniciativas da entidade.
Para inscribirse, debe facerse a través deste enderezo cronotec.es ata esgotar prazas ou ata o 5 de xullo ás 23:59h. Nesta mesma páxina pódese inscribir na proba infantil, e colaborar co “Dorsal 0”. Ademais este ano estréase a categoría de andaina con mascotas.
A cota de inscrición é de 7€, agás na proba infantil que é gratuíta.