Amico conta cunha praza vacante na actividade de piscina adaptada

Por baixa de participantes, durante o mes de xuño a asociación Amico pode incorporar novas persoas que desexen realizar exercicios na auga.

Se hai algunha persoa interesada neste mes en acudir a un grupo de piscina, terán que poñerse en contacto coa asociación AMICO.


Grupo de piscina pequeno: Xoves ás 17.30 horas. 

  • Podería ir 1 persona usuaria de cadeira de rodas.
  • Ou no seu defecto, 2 persoas que non presenten dificultades de mobilidade.

Grupo de piscina grande. Xoves ás  21.20 horas.

  • Neste podería ir ata 1 persoa usuaria de cadeira de rodas
  • Ou  2 persoas que non presenten dificultades de mobilidade.

Para o mes de xullo todavía non sabemos si se manterá a actividade por tanto, solicito que as persoas que queiran ir, o fagan saber.

Custe variable segundo capacidade económica persoal, que ronda os 10 ou 18 euros ao mes.
Actividade que conta con persoal de apoio.

No caso de persoas que acrediten carencia de recursos que dificulte a participación, terán que comunicalo.