Fai xa unha semana que as persoas socias teñen á súa disposición a convocatoria e documentación que se presentará na Asemblea e anímase a que participen.
Este ano e tras o cambio estatutaria aprobado o ano anterior, poderase asistir ás reunións tanto de modo presencial como a través do sistema de videochamada que habilita a entidade, grazas ao apoio de COGAMI.
Aquelas persoas interesadas terán que contactar coa entidade para confirmar a modalidade elixida de participación, permitindo así preparar a organización das asembleas.
Como fai xa catro anos, nesta ocasión tamén toca renovar a directiva da entidade, polo que é importante contar co maior apoio a este novo período que comeza.