ASEARPO organiza charla sobre infeccións respiratorias nas enfermidades reumatolóxicas

A Asociación enfermos de artrite Pontevedra (ASEARPO) organiza o martes 27 de xuño, grazas á Escola Galega de Saúde para Cidadáns, unha charla sobre infeccións respiratorias e bronquiectasia asociada á enfermidade reumatolóxica. Esta charla terá lugar no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo (na aula 1), a partir das 17:00 da tarde, e está dirixida tanto a pacientes como a calquera persoa interesada en coñecer que son as infeccións respiratorias e a bronquiectasia, cales son os seus causantes e que influencia teñen os tratamentos biolóxicos na súa aparición, así como coñecer os tratamentos dispoñibles e as posibles contraindicacións.

A Dra. Nair Pérez Gómez, especialista en reumatoloxía da área Sanitaria de Vigo, será a persoa responsable de impartir esta charla.

Requírese inscrición previa, mediante o correo info@asearpo.org ou nos teléfonos 638 395 017 - 744 619 464