ASOTRAME celebra Xornada: O cancro hematolóxico dende dentro: experiencias compartidas

Acompáñasnos nesta xornada?

É unha honra para Asotrame que nos acompañes nesta xornada tan especial titulada "O cancro hematolóxico desde dentro: Experiencias Compartidas". Como acción vinculada ao proceso de crecemento e expansión que está a vivir a nosa entidade desde 2022, celebraremos unha xornada na que daremos a coñecer o noso propósito e compromiso social, a través de reflexións e achegas de diferentes persoas, onde se incluirá a realidade de pacientes, sobreviventes, familiares, e profesionais da hematoloxía.

Comprácenos, ademais, compartir que o recoñecido presentador Terio Carrera unirase á xornada como anfitrión do evento. Coa súa gran traxectoria, a súa experiencia e o seu compromiso coas causas sociais, temos a seguridade de que conseguirá que a tarde sexa un éxito.

Esperámosche o próximo 26 de abril, ás 19:00 horas no Hotel Oca Porta do Camiño (Santiago de Compostela)

Confirma asistencia facendo click aquí ou chamando ao 698130684.