AVEMPO analiza a evolución da esclerose múltiple nun encontro dixital

A Asociación Viguesa Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO) organiza un encontro dixital para analizar a evolución da esclerose múltiple nos últimos anos. Dirixido a profesionais da neuroloxía, pacientes, familiares e poboación en xeral, este acto está enmarcado dentro das actividades que a entidade está preparando polo seu 25 Aniversario.

Titulado EM Compaña dos Meus Neurólogos, este acto está organizado para o martes, 8 de xuño, ás 19 horas e poderá seguirse en directo a través das canles que AVEMPO ten abertas en  Facebook  https://www.facebook.com/avempo  e en Youtube https://www.youtube.com/channel/UCNVtHWfaJ-6jcjd19z-QZ5A.

No encontro intervirán a neuróloga Elena Álvarez do Hospital Álvaro Cunqueiro, , e do Hospital Ribera Povisa, o neurólogo José Ramón Lorenzo para analizar dende diferentes perspectivas o pasado e o presente da coñecida como a enfermidade das mil facianas.

Este encontro, que estará dirixido polo xornalista Jacobo Caruncho, afectado de esclerose e membro da xunta directiva de AVEMPO, informará sobre os tratamentos, a evolución e abordará a enfermidade dende a relación entre médico e paciente, sen esquecer o papel das asociacións.