A Asociación Viguesa de Esclerosis Múltiple (AVEMPO) organiza o próximo xoves 17 de outubro en Vigo a xornada de sensibilización sobre a Esclerose Múltiple 'HablEMos sen tabús', que terán lugar a partir das 16:20 horas no Hotel Attica 21 (Av. Samil, 15).
A entrada ao evento é gratuíta, logo de inscrición en AVEMPO a través do correo avempovigo@hotmail.com ou nos números de teléfono 986 298 865 / 685 113 398. A data límite para realizar a inscrición será o luns 14 de outubro.
Tras a inauguración da xornada, a xefa do servizo de Traballo Social da Área Sanitaria de Vigo, Mª Jesús Lago Vilaboa, abordará o dereito a formular instrucións previas e a importancia deste documento mediante o cal unha persoa maior de idade, capaz e libre, manifesta anticipadamente a súa vontade sobre os coidados e tratamentos que podería precisar no futuro e o destino final do seu corpo, co fin de que esta sexa respectada no momento en que por determinadas circunstancias non poida expresala persoalmente.
A neuróloga Elena Álvarez, da área de Esclerosis Múltiple do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, informará pola súa parte sobre os últimos avances que se levaron a cabo no ámbito da neuroloxía e cómo estes poden repercutir na mellora da calidade de vida das persoas afectadas de Esclerosis Múltiple, con novos tratamentos e terapias celulares.
A xornada rematará cunha mesa de pacientes que dará protagonismo ás historias en primeira persoa co testemuño de persoas que conviven coa enfermidade. Leticia Jorge, Mª Ángeles Moreno e Yago Fernández, usuarios de AVEMPO, compartirán coas persoas presentes a súa experiencia como pacientes nun encontro moderado polo periodista Jacobo Caruncho, tamén afectado de EM.
A xornada 'Hablemos sen Tabúes' está enmarcada dentro do proxecto 'Empatiza con la EM: Campaña de sensibilización sobre la Esclerosis Múltiple', concedido á Asociación Española de Esclerosis Múltiple AEDEM-COCEMFE polo Ministerio de Dereitos Sociais, Cosumo e Axenda 2030 e que conta co apoio de Bristol Myers Squibb e a Fundación A.M.A.
O encontro axudará ás persoas afectadas de Esclerosis Múltiple e ao seu contorno a resolver dúbidas e a derribar as barreiras que xorden arredor da enfermidade.
Desde AVEMPO confiamos que estes prexuízos se poidan vencer con xornadas como 'Hablemos sen tabús', que fomentan a busca de información por parte do colectivo afectado e que se estableza unha boa comunicación cos profesionais dos diferentes ámbitos.