Conta atrás para a Carreira Solidaria de Ambar

A asociación Ambar de Ribeira volve organizar unha nova edición da Carreira pola Diversidade, sendo este ano a número 11. Para poder participar, é imprescindible inscribirse, con data final o 6 de maio neste enlace https://gl.deporticket.com/web-evento/11202-xi-carrera-por-la-diversidad

A Carreira terá lugar o domingo 11 de maio, ás 10:00h, na explanada de Coroso, en Ribeira. Despois da proba absoluta, desenvolveranse as probas infantís e tralo remate destas entregaranse os galardóns ás persoas premiadas nas distintas categorías. 

Visibilidade e deporte inclusivo

A Carreira da Diversidade naceu no 2015 como unha competición inclusiva que incluía as modalidades hand bike e cadeira de atletismo, excluídas na maioría das probas de Galicia. 

Dorsal 0 

Para aquelas persoas que non poidan participar nalgunha das probas deportivas, está aberta a posibilidade de colaborar co “Dorsal 0” unha cota solidaria sen límite. A recadación obtida será destinada á organizar saídas e respiros familiares dentro da área de lecer da entidade.