Con motivo do Día Mundial do Parkinson, o vindeiro 11 de abril celebraremos a lectura do manifesto, un acto que este ano se enmarca nun ano especialmente significativo para a nosa entidade, ao celebrar o seu 30 aniversario.
A cita terá lugar na Praza de María Pita, un espazo emblemático da cidade, e está aberta a toda a cidadanía. Queremos encher a praza, por iso facemos un chamamento a que veñan todas as persoas posibles e nos acompañen neste momento de visibilización, reivindicación e apoio ás persoas con párkinson e ás súas familias.
📅 Data: 11 de abril
🕚 Hora: 11:00 h
📍 Lugar: Praza de María Pita (A Coruña)
Neste ano tan especial, sumar voces é máis importante ca nunca. Agardámoste.
