Grumico organiza un taller de pintura


"PINTA ENTRE AMIGXS" é moito máis que un taller de pintura: é un refuxio para aqueles/as que buscan unha pausa no seu día a día para mergullarse no mundo do arte e da amizade. Nun mundo cada vez máis dixital e acelerado, creemos na importancia de desconectar e reconectar connosco mesmos e cos/coas demais a través de actividades creativas e sociais.

O noso taller, liderado por unha entusiasta do arte, non só se trata de aprender técnicas pictóricas, senón de compartir momentos xenuínos entre amigxs mentres exploramos a nosa creatividade. Desde aqueles/as que apenas sosteñen un pincel ata os que xa teñen certa destreza, todos son benvidos no noso espazo inclusivo.

O noso obxectivo é que cada participante leve consigo máis que unha obra de arte: queremos que leven recordos felices, novas amizades e unha sensación de satisfacción por permitirse explorar o seu lado creativo.

Únete a nós en "PINTA ENTRE AMIGXS" todos os xoves de 10:45 a 12:00 e descubre como a pintura pode converterse nun vehículo para conectar, relaxarse e cultivar a amizade.

¡Esperámosvos cos pinceis na man e o corazón aberto!P