Íntegro celebra a 4ª edición do Festigual

O vindeiro sábado 26 de setembro, ás 12 horas, a asociación Íntegro da Costa da Morte celebra a 4ª edición do Festigual, unha xornada para celebrar a diversidade, compartir, gozar e crear espazos de encontro coa comunidade.

A xornada, que se levará a cabo en Nantón (Cabana de Bergantiños), contará con música, artesanía, animación infantil e actuacións que continuará cun xantar aberto á participación de todas as persoas que queiran acompañar á entidade.

Festigual nace co obxectivo de promover espazos de encontro coa comunidade, poñendo en valor a diversidade como elemento fundamental dunha sociedade que camiña cara á plena inclusión e á igualdade de oportunidades para todas as persoas.