X Carreira pola Diversidade de AMBAR

A presidenta da asociación AMBAR, Milagros Rey, deu o pistoletazo de saída para a X edición da Carreira pola Diversidade. Nesta presentación, Milagros estivo acompañada polo alcalde de concello de Ribeira, Luis Pérez Barral, o concelleiro de Deporte, Xabier Vidal Peón, ademais do responsable da área de Deporte de AMBAR, Joserra Figueira, e dos integrantes do Equipo de Running da entidade, Moisés Calvo e Paula Ramallo.

Para formar parte desta carreira, é necesario inscribirse na páxina web cronotec.es, tendo como data límite o martes 9 de xullo ás 23:59h. Na mesma plataforma hai a posibilidade de facer unha doazón solidaria a través do Dorsal 0.

O recadado por esta carreira solidaria vai ser destinado a bolsas de axudas para as familias con baixos recursos para costear o servizo de atención diúrna mentres están á espera de resolución dunha praza pública.

Cronograma da X Carreira pola Diversidade

9:00 h   Reparto de dorsais 

10:00 h Comeza a categoría absoluta coa distancia de 5Km 

10:10 h Batukada a cargo de Boa Vibra e saída da andaina de 3,3 Km

11:00 h Categoría de 13 a 15 anos cunha distancia de 2Km 

11:30 h Categoría de 10 a 12 anos, ten unha distancia de 1Km 

11:50 h Categoría de 8 a 9 anos, distancia de 500 m 

12:00 h Categoría de 6 a 7 anos, distancia de 300 m

12:10 h Categoría de 0 a 5 a nos, cunha distancia de 100 m 

12:30 h Entrega de premios 

13:00 h Sesión Vermú ca música de Leite con Jalletas.