AMICO facilita o acceso a máis de 350 sesións individuais de tratamento especializado a persoas con discapacidade

As sesións que terán que concertarse con cita previa, están financiadas por unha axuda que obtén a entidade da Deputación da Coruña e a achega de 10 € ou 18 € por sesión abonadas pola persoa participante.

Requírese para participar obter a condición de persoa con discapaciade, residir nalgún municipio da provincia de A Coruña. Teñen preferencia no acceso ao programa as persoas asociadas así como persoas que carezan de recursos económicos suficientes ou doutros apoios públicos.

Ata finais de agosto foron realizadas un total de 220 sesións de fisioterapia e 132 sesións de terapia ocupacional

Para obter máis información débese contactar previamente con AMICO a través do correo electrónico ou o teléfono xeral da entidade.