- Proxectos
- 24 de mayo de 2021
AMICO inicia o Servizo de rehabilitación
O programa SERVIZO DE REHABILITACIÓN XI ten carácter continuísta e foi presentado á convocatoria de subvencións da Deputación de A Coruña para mantemento de servizos sociais (FOAXE-P/ ED-3 Tratamentos de rehabilitación).
Grazas a este programa organizamos unha oferta de actividades axeitadas ás características das persoas con discapacidade, e favorecemos a asistencia regular ás mesmas, o que permite mellorar a súa autonomía persoal e participación social.
Que inclúe?
- Sesións individuais de fisioterapia.
- Sesións individuais de terapia ocupacional.
- Sesións grupais de ximnasia adaptada e/ou exercizos terapéuticos, a través de grupos reducidos e características homoxéneas nas persoas participantes.
- Nas actividades que sexa preciso, ponse a disposición das persoas participantes, o persoal de apoio e acompañamento para garantir a maior autonomía e igualdade de oportunidades de participación.