AMICO volve a faciliar actividades grupais a persoas con discapacidade. Distribuídas en dous grupos e con persoal de apoio para garantir a igualdade de oportunidades e a autonomía das persoas, así como facilitar as tarefas derivadas dos protocolos de prevención da COVID-19, comezaron a exercitarse tras un parón de 3 meses.
O primeiro dos grupos comezou ás 16:30 horas e o segundo ás 18:00 horas nas instalacións do centro de rehabilitación Combina en Fontiñas, e repetirase de xeiro regular todos os martes ata novo aviso.
Está previsto retomar nas próximas semanas as actividades grupais para persoas con patoloxía de Parkinson.
En todo caso, se tes discapacidade e estás interesada en participar nestas actividades, non dubides en poñerche en contacto coa asociación a través dos medios habituais de contacto. https://www.amico.es/