A pandemia truncou a regularidade desta actividade que realiza AMICO e é durante o último trimestre cando se desenvolverán as sesións que viron modificada a súa localización.
As sesións de ximnasia que estarán a cargo das profesionais do centro de rehabilitación Combina Social situado en Fontiñas, desenvolveranse ata finais de ano os martes de 16:30 a 18:00 horas e coas medidas de protección e seguridade necesasrias derivadas do COVID-19.
Non se descarta ampliar a actividade a novas persoas interesadas sempre que se forme un grupo mínimo de 4 persoas con características comúns.
Esta actividade conta co apoio da Deputación de A Coruña e enmárcase dentro do programa SERVIZO DE REHABILITACIÓN X.