A Xanela organiza a I Carreira Andaina Solidaria As Pontes Contigo

A Xanela, asociación de persoas con diversidade funcional, vai a a realizar o vindeiro 24 de setembro a I Carreira - Andaina Solidaria As Pontes Contigo, un espazo onde o valor do deporte nos vai a permitir falar sobre a importancia do coidado das persoas con diversidade funcional, maiores e / ou en soidade non desexada. 

Presentarase tamén este día o I Encontro Entre Asociacións As Pontes Contigo, onde varias asociacións do territorio de As Pontes que se adican ao  ámbito social van a poder interactuar coa comunidade.