ADAPTA asiste al partido del Celta

A Fundación Celta a través do programa Eurorrexion Celeste convida ao concello de Ponteareas, e á asociación ADAPTA en concreto, a asistir ao partido que se desputará en Balaídos entre o R.C. Celta de Vigo e o F.C. Girona.

Ás 20 h ADAPTA asistirá a unha visita guiada polo museo do Celta antes de subir ás gradas e, no caso das cadeiras de rodas, asistirán ao adestramento do Celta a pé de campo antes do inicio do partido.