AMBAR organiza IV Carreira pola Diversidade Funcional

CARREIRA ADULTOS, distancia 5 quilómetros

Zapatilla:Home/Muller

Sub 23: desde 14-23 anos.
Sénior: 24-34.
Veterano 1: 35-44
Veterano 2: Desde 45 anos.

Zapatilla Inclusiva: Home/muller. Poderán inscribirse nesta categoría todas as persoas con diversidade intelectual, sensorial ou motriz que non se inclúan en ningunhas das outras modalidades.


Cadeira de rodas: Home/Muller
Handbike: Home/Muller

CARREIRAS INFANTÍS:

Ó rematar a carreira absoluta darán comezo as seguintes probas infantís. A inscrición é gratuíta.

3-5 anos         75 m
6-8 anos       600 m
9-13 anos    1.200 m

Non se realizarán clasificacións das probas infantís, todos os participantes recibirán unha medalla conmemorativa.

INSCRICIÓNS:

A cota de inscrición é de 5 euros (só adultos). A recadación será destinada a programas de deporte inclusivo.

A inscrición poderá facerse ata o 5 de xullo ás 23:59h na seguinte web:

http://diversidade.galitiming.com/

A partir desa data só se poderá formalizar a inscrición con dorsal 0 nos teléfonos 981875475 / 981874480, ou o propio día no punto de repartición de dorsais. Os tempos alcanzados polos participantes con dorsal 0 non se terán en conta na clasificación final.

MÁIS INFORMACIÓN

Tes a posibilidade de facer a inscrición co “Dorsal 0” (cota solidaria).

Os dorsais recolleranse no punto de Información e avituallamento preto da saída, a partir das 10:15h.

A data límite de inscrición remata o día xoves 5 de xullo ás 23:59 horas.

Ao rematar a entrega dos trofeos sortearanse varios agasallos para menores e adultos e despois convidámoste á nosa esperada ROMARÍA DA DIVERSIDADE xunto á praia de Coroso