O Concello de Ames crea unha Feira da Saúde con 17 asociacións e dous días de actividades. a primeira Feira dá Saúde baixo o lema «A saúde como moito máis que ausencia de enfermidade». A feira converterá o pazo da Peregrina de Bertamiráns nun improvisado palacio dos deportes e da actividade física e emocional ao aire libre, xa que nesta contorna convivirán unha exposición, a proxección de documentais e charlas promovidas polas asociacións para informar e concienciar sobre enfermidades como diabetes, alerxias, endometriosis, alzhéimer e demais demencias.
Animámosvos a visitar esta iniciativa do Concello de Ames , xa que estarán varias entidades e están previstas moitas actividades.
A nosa entidade asisitrá o sábado á presentación pero será o domingo cando poderedes ter a oportunidade de coñecernos e saber que actividades levamos a cabo de fronte a mellora da saúde para persoas con discapacidade.
AMICO pretende con esta participación conseguir maior presenza e visibilidade nos concellos limítrofes a Santiago xa que recoñece que centraliza moitas das actividades da organización.