Asearpo realizará diferentes actividades na provincia de Pontevedra polo Día Nacional da Artrite


O 1 de outubro, con motivo do Día Nacional da Artrite, ponse en marcha a XIII edición da campaña `Contigo vamos todos´, declarada de interese sanitario polo Ministerio de Sanidade e de interese científico pola Sociedade Española de Reumatoloxía.

A asociación ASEARPO ten previsto desenvolver varias actividades durante o mes de outubro, co obxectivo de concienciar a realidade que viven as persoas que teñen esta enfermidade crónica (Artrite reumatoide, Artrite psoríasica, espondiloartrite, AIJ, etc.)

Entre as actividades preparadas están a iluminación de monumentos e edificios emblemáticos o día 1 de outubro, como a Deputación de Pontevedra, o Concello de Redondela, as fontes da rúa Aragón en Vigo, o Concello de Porriño e o Concello de Bueu.

Tamén haberá expostas mesas informativas por distintas localidades (día 2 no Hospital Meixoeiro e Álvaro Cunqueiro de Vigo, día 5  no Hospital Provincial de Pontevedra e na Delegación ONCE en Vigo, día 9 no Centro de Saúde de Porriño e no Local de Exposición do Concello de Bueu, día 11 no Hospital de O Salnés) co fin de poder difundir e informar sobre a artrite e sobre a xornada que está preparada para desenvolver o sábado 21 de outubro no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo de 10:30 ás 13:00 horas.