Gala benéfica a favor da Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple (AODEM)

Baixo o lema, Ourense múltiple, a Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple ELA, Parkinson e outras Enfermedades Neurodexenerativas celebra a súa primeira gala benéfica o vindeiro venres, 12 de xaneiro, ás 20:30 horas no Teatro Principal de Ourense (rúa Recaredo Paz,9).

Presentado por Cristina Maró, a gala contará coas actuacións de Meiriño & Cid 'Asocia2', Escola de Danza 'Estilo libre', Escola de danza 'Cuatro Pasos', Escola de danza da Deputación de Ourense, Centro deportivo 'Moovett'.

A entrada custará 5 euros por persoa e poderá comprarse nas oficinas que ten a entidade  (Rúa Recaredo Paz, 1. Edf. Aixiña) ou ben o propio día do evento na entrada do Teatro Principal.