Agareso

Agareso

A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) é unha organización sen ánimo de lucro, formada por un colectivo de profesionais do mundo da comunicación en Galicia que cren no poder da comunicación como ferramenta de transformación social. O seu principal obxectivo é utilizar as ferramentas de comunicación para conseguir a transformación social, principalmente a través de proxectos de Cooperación Internacional, Educación para o Cambio e Acción Social.

Desde hai anos, COGAMI e Agareso colaboran eliminando barreiras de comunicación no mundo da discapacidade.