O Concello de A Coruña colabora con COGAMI a través do cofinanciamento de diferentes actividades e servizos, sendo un deles o Plan integral de intermediación laboral para favorecer a inserción laboral das persoas con discapacidade. Deste plan benefícianse máis de 50 persoas con discapacidade ao ano, das que o 30% de participantes logran a inserción laboral
Outro programa cofinanciado durante estes últimos anos, no ámbito do concello coruñés, completa os servizos e actividades dirixidos á promoción da igualdade de oportunidades na participación social e sociolaboral, mediante a implementación de itinerarios personalizados que buscan preparar á persoa para a busca de emprego, a través do desenvolvemento de competencias transversais necesarias.
A través da convocatoria de subvencións para entidades sociais sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de actividades ou proxectos de interese social, o Concello da Coruña contribúe na cofinanciación do Servizo de atención especializada á muller que desenvolve COGAMI na cidade, e que ten por finalidade a atención integral ás mulleres con discapacidade a través do deseño, implementación e avaliación de plans personalizados de inclusión, co obxecto de mellorar o seu grao de autonomía persoal e de participación social e/ou laboral.