Concello de Ames

Concello de Ames

O Concello de Ames aprobou en xunta de goberno a concesión de axudas polo importe de 60.000 euros a 16 entidades sen ánimo de lucro, sendo unha destas COGAMI.

O importe concedido a COGAMI foi de 2.435,55 euros para sufragar gastos de persoal do servizo de atención a persoas con discapacidade que leva a cabo a nosa Organización.

Outro programa de COGAMI que apoia o Concello de Ames é o de Atención a persoas con discapacidade, que ten como finalidade ofrecer apoio especializado ás persoas con discapacidade e ás súas familias do municipio amiense, poñendo á súa disposición un conxunto de accións específicas:

  • Información, asesoramento e orientación.
  • Acompañamento e apoio tanto ás persoas con discapacidade como, se fose necesario, ás súas familias.
  • Intervención social personalizada.
  • Coordinación cos diferentes recursos da comunidade (entidades públicas, privadas e do terceiro sector) para garantir unha atención integral.

O obxectivo xeral deste programa é atender as demandas de atención especializada das persoas con discapacidade, especialmente daquelas que se atopan en situacións de risco, como vítimas de abusos, desemprego, falta de recursos económicos ou illamento social.

En 2024 houbo 41 persoas beneficiarias..