Consellería de Emprego e Igualdade

Consellería de Emprego e Igualdade

A través da financiación que aporta esta Consellería, COGAMI pode desenvolver os seguintes programas e servizos:

O Servizo de Orientación Laboral con 27 profesionais que realizan labores de entrevistas e orientacións, visitas a empresas, accións grupais de técnicas de busca de emprego e de motivación, ademais de intermediación laboral entre a persoa usuaria e a empresa. 

A Consellería de Emprego e Igualdade tamén apoia a contratación de axentes de emprego e/ou unidades de apoio para a creación de emprego polas entidades sen ánimo de lucro mediante o financiamento de 8 profesionais que realizan labores de intermediación laboral coa empresa ordinaria, fomento do autoemprego entre o colectivo das persoas con discapacidade e a través da modalidade de emprego protexido nos centros especiais de emprego sen fins de lucro.

Ademais, COGAMI conta cun Servizo Interdisciplinar de Atención Integral á Discapacidade a través do financiamento da contratación de profesionais, sendo 9 no período 2020-2021, para realizar actividades de atención rehabilitadora, habilitación persoal e social, coidados persoais e asistencia especializada co fin de acadar o máximo desenvolvemento das súas capacidades. Estas contratacións enmárcanse dentro da convocatoria de subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro

A través da convocatoria para o desenvolvemento de Accións Formativas para Persoas desempregadas, de xeito anual, OCGAMI ven a desenvolver unha media de 9 accións formativas por ano, que permiten formar a unhas 120 persoas con discapacidade, mellorando as súas posibilidades para o logro dun emprego.