A Confederación Empresarial da Economía Social (CEPES), en calidade de Organismo Intermedio do ‘Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social’ do Fondo Social Europeo (FSE) 2014-2020, lanzou en xuño do 2020 dúas convocatorias de subvención que financian estes proxectos de COGAMI:
Proxecto “Unidade Valor Social, para a mellora da competitividade e medidas de consolidación empresarial de centros especiais de emprego de iniciativa social e outras entidades de economía social que facilitan a inserción laboral de persoas con discapacidade e das que se benefician 15 entidades e centros especiais de emprego de iniciativa social.
Ponse en marcha un servizo de asesoramento a entidades da economía social para a implantación e o desenvolvemento de instrumentos e ferramentas de información, visibilización, xestión e mellora do valor social xerado, para facilitar a toma de decisións consciente e que promova o desenvolvemento de plans de empresa que persigan o mantemento do maior número de postos de traballo co maior impacto social no seu ámbito de actuación.
Proxecto `Creación dunha unidade de axuste persoal e social para a incorporación e/ou permanencia no emprego de traballadores e traballadoras con discapacidade´
Ten como finalidade fomentar a inclusión social e o acceso e permanencia no mercado de traballo de persoas con discapacidade con especiais dificultades de inserción, a través da posta en marcha dunha unidade de axuste persoal e social que será responsable do desenvolvemento de 10 plans de traballo con empresas/entidades da economía social e de 100 itinerarios de inclusión sociolaboral.