Femxa

Femxa

Un acordo de colaboración entre COGAMI e a compañía Femxa, especializada en consultaría e formación para o emprego, favorecerá o benestar social e a inclusión laboral das persoas usuarias de COGAMI.

Con este acordo Femxa convértese en socio activo da Confederación co propósito de traballar de maneira conxunta, desenvolvendo experiencias con valores compartidos e afianzando unha sólida alianza sostible no tempo, apostando pola mellora da empregabilidade e facer fronte a retos futuros novos do sector, especialmente na dixitalización.  

Con máis de 20 anos de experiencia, Femxa é unha compañía especializada en consultaría e formación para o emprego e formación continua, dirixida a persoas traballadoras, empresas, administración pública, asesorías, despachos profesionais e centros de formación.

Anualmente, Femxa forma a máis de 60.000 persoas en España e Latinoamérica, superando as 600.000 persoas formadas presencialmente e por teleformación na súa traxectoria.