Programa Máis Emprego
A Fundación “la Caixa, como organismo intermediario deste programa, no marco do Obxectivo específico 4.8, Fomentar a inclusión activa ao obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular para os colectivos desfavorecidos, lanza a convocatoria +Empleo, cunha financiación total de máis de 48 M€, para seleccionar proxectos dirixidos á implementación de medidas que favorezan a inclusión activa de persoas en risco e/ou situación de exclusión social a través de itinerarios integrais de inserción sociolaboral, que permitan a súa inserción no mercado laboral.
Para acadar este obxectivo, a nosa entidade desenvolve actuacións como as seguintes:
Itinerarios individualizados de acompañamento ás persoas durante o proceso de inserción sociolaboral.
Formación para mellorar a empregabilidade das persoas en casos nos que se considere oportuno.
Intermediación laboral e prospección, orientada ao mercado de traballo como elemento facilitador da empregabilidade.
Orientación laboral encamiñada a familiarizar ás persoas participantes coas diversas técnicas de busca de emprego e proporcionarlles un coñecemento do mercado laboral.
Apoio no emprego: naqueles casos no que o itinerario consiga a inserción laboral, poderase realizar, de acordo coas necesidades da persoa, un acompañamento estreito a esta e á empresa.
________________________________
No ano 2016 Fundación Bancaria “La Caixa” apoiou o Programa I+D+S: Identidade+ Discapacidade+ Sexualidade co que se puxo en marcha un servizo de asesoramento afectivo sexual para persoas con discapacidade.
________________________________
En 2018, a través da convocatoria de Vivendas para a Inclusión Social, púxose en marcha o proxecto INDEPENDÍZATE que busca promover a inclusión social e a vida independente de persoas con discapacidade ou en situación de vulnerabilidade social, a través de actuacións integrais e de programas de inclusión residencial.
_______________________________
Tamén apoia o proxecto Fortalecimiento do Servizo DEDALEIRA, servizo de atención sexolóxica destinado a persoas con discapacidade, a súa contorna afectiva (parellas, familiares) e persoas da súa contorna social ou institucional. Esate programa é pioneiro e único, non só en Galicia, senón que tamén a nivel de España. Está pensado e creado exclusivamente para acompañar e dar resposta ás necesidades sexuais como persoa cunha discapacidade determinada, dende un enfoque autónomo, profesional e científico, a través do programa de Promoción da Autonomía Personal e atención ao envellecemento, á discapacidade e á enfermidade. Ambos proxectos finalizan o último trimestre de 2019.