Combina Social, Centro Especial de Emprego de Iniciativa Social de COGAMI Empresarial, continúa reforzando o seu equipo humano coa apertura de novos procesos de selección para cubrir diferentes postos de traballo na Coruña, A Laracha e Carballo.
As ofertas dispoñibles contemplan distintas modalidades de xornada (completa, parcial, intensiva ou por horas) co obxectivo de adaptarse aos diferentes perfís profesionais e facilitar o acceso ao emprego.
Como Centro Especial de Emprego de Iniciativa Social, Combina Social combina a prestación de servizos profesionais coa creación de oportunidades laborais para persoas con discapacidade, contribuíndo a construír un mercado laboral máis inclusivo e comprometido co impacto social.
Esta iniciativa responde ao crecemento da actividade da empresa e ao seu compromiso coa creación de emprego de calidade, promovendo un modelo no que as persoas ocupan o centro e poden desenvolver o seu potencial nunha contorna colaborativa, estable e comprometida socialmente.
Ademais da incorporación a un proxecto con impacto social, as persoas que se unan ao equipo contarán cun ambiente de traballo inclusivo, oportunidades de formación e desenvolvemento profesional, estabilidade e condicións laborais adaptadas ás necesidades de cada posto.
As persoas interesadas poden consultar as vacantes dispoñibles e presentar a súa candidatura a través da plataforma InfoJobs, onde se atopan publicadas as diferentes ofertas activas.
Con esta nova convocatoria, Combina Social continúa apostando polo talento e pola xeración de emprego inclusivo, contribuíndo ao desenvolvemento profesional das persoas e á prestación de servizos de calidade á cidadanía.
Queres formar parte do equipo de Combina Social?
Consulta as vacantes dispoñibles e inscríbete na oferta que mellor se adapte ao teu perfil.