O Centro Comercial As Cancelas contou coa colaboración de Hornos de Lamastelle para celebrar o Día de Galicia ofrecendo unha degustación gratuíta de tarta de Santiago elaborada pola empresa de COGAMI Empresarial.
A xerente de Combina Social, Raquel Alvite, destacou durante a súa participación no programa Un Café con Eva, de Radio Voz, a importancia de derrubar estereotipos sobre a discapacidade e de ofrecer oportunidades laborais adaptadas ás capacidades de cada persoa para favorecer a súa autonomía e desenvolvemento profesional.
A empresa de COGAMI Empresarial participou na nova edición da marcha solidaria organizada pola Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM), achegando, xunto con Gadis, o avituallamento para as persoas participantes.
O Centro Especial de Emprego de Iniciativa Social de COGAMI Empresarial busca incorporar novas persoas ao seu equipo a través de diferentes ofertas laborais na Coruña, A Laracha e Carballo, con xornadas adaptadas a distintos perfís profesionais.
A través da recuperación de vehículos fóra de uso, a reutilización de compoñentes e a innovación en Economía Circular, Trameve consolídase como un referente na xestión sostible do sector da automoción, demostrando que cada vehículo pode ter unha segunda vida con impacto ambiental e social.
A xestión responsable dos recursos, a reutilización de materiais e a aposta por modelos de produción máis sostibles forman parte do ADN de COGAMI Empresarial. A través de diferentes unidades de negocio, o Grupo transforma a Economía Circular nunha ferramenta para protexer o medio ambiente e crear emprego inclusivo en Galicia.
Desde a creación de Coregal en 1995 ata o actual Grupo Empresarial formado por nove unidades de negocio con actividade económica e máis de medio millar de persoas traballadoras, COGAMI Empresarial leva tres décadas demostrando que é posible construír empresas competitivas cun forte compromiso coa inclusión social, a sostibilidade e a creación de emprego de calidade.
A incorporación de mulleres a ámbitos profesionais historicamente masculinizados é unha das liñas nas que COGAMI Empresarial continúa avanzando, favorecendo a igualdade de oportunidades e a creación de contornas laborais máis diversas e inclusivas.
Coregal, a unidade de negocio de COGAMI Empresarial especializada na xestión de residuos e protección ambiental, xestionou durante 2025 un total de 34.857,62 toneladas de residuos, consolidando o seu compromiso coa Economía Circular, a sostibilidade e o coidado da contorna.
Accede Social, empresa de COGAMI Empresarial especializada en transporte adaptado, realizou máis de 85.500 desprazamentos durante 2025, contribuíndo cada día a que centos de persoas poidan acceder a servizos de atención, formación e participación social en diferentes puntos de Galicia.
COGAMI Empresarial continúa avanzando na implantación da Atención Integral Centrada na Persoa (AICP) como modelo de xestión que sitúa ás persoas traballadoras no centro da actividade empresarial, promovendo o seu benestar, desenvolvemento profesional e participación activa na Organización.
COGAMI Empresarial pechou o exercicio 2025 cun cadro de persoal de 763 persoas traballadoras, das que o 85,19 % teñen discapacidade, reafirmando así o seu papel como referente da Economía Social e da xeración de oportunidades laborais inclusivas en Galicia.