A asociación AGAPA inicia programa de rehabilitación dirixido a persoas con amputacións

A asociación AGAPA inicia programa de rehabilitación dirixido a persoas con amputacións

A Asociación Galega de Persoas Amputadas (AGAPA) pon en marcha un novo programa de rehabilitación dirixido a persoas amputadas.

Financiado por Fundación ONCE, este programa consiste nun servizo de apoio dirixido a promocionar a autonomía persoal.

Algúns dos tratamentos que ofrece este programa están dirixidos á recuperación da mobilidade articular, a axuda á cicatrización, a corrección da marcha e a intervención de posibles contracturas.

As persoas que teñan unha amputación e queiran formar parte deste programa, poden contactar coa entidade a través do correo electrónico info@agapa.gal ou por teléfono 618 978 254.