O presidente da asociación, Óscar Pena, participou xunto ao concelleiro Ramón Gómez e ao inspector xefe da Policía Local nun percorrido para detectar barreiras urbanísticas e definir prioridades de actuación.
O presidente da asociación Algaria, Óscar Pena, acompañou ao concelleiro de Obras, Urbanismo e Mobilidade do Concello de Xinzo de Limia, Ramón Gómez, e ao inspector xefe da Policía Local, José Manuel Estévez, na supervisión do estado das rúas do municipio co obxectivo de coñecer as problemáticas en materia de accesibilidade e establecer as prioridades de actuación.
Durante o percorrido constatáronse desniveis, barreiras e obstáculos en beirarrúas estreitas que dificultan a mobilidade das persoas, especialmente das que presentan mobilidade reducida. A visita permitiu comprobar de primeira man as dificultades ás que se enfronta a veciñanza con mobilidade reducida, o que pon de manifesto a importancia de contar coas achegas das persoas directamente afectadas, como as que forman parte do movemento asociativo.
Segundo explicou o concelleiro Ramón Gómez, esta supervisión “permítenos ver o que ve a veciñanza, ordenar prioridades e actuar con criterio e eficacia, sumando pequenos arranxos de alto impacto que melloran a vida diaria e reforzan a seguridade