A asociación ALGARIA remata os obradoiros de barro-fimo e macramé

A asociación ALGARIA remata os obradoiros de barro-fimo e macramé

Chegaron ao seu fin. Os obradoiros de barro-fimo e macramé que impartiu a asociación de Persoas con Discapacidade da comarca da Limia (ALGARIA) durante tres meses remataron tras contar coa participación de vinte persoas da entidade.

No obradoiro de barro-fimo, financiado por COGAMI, participaron 9 persoas que acudían todos os luns durante dúas horas ata as instalacións da entidade. Durante os meses de xuño, xullo e agosto, Fundación “la Caixa” colaborou financiando un obradoiro de macramé, no que participaron 11 persoas, tamén cunha duración de dúas horas semanais.

As persoas participantes crearon pezas de artesanía, entre as que destacaron culleres decoradas e personalizadas, colares, pulseiras, pendentes e outros obxectos creativos. O propósito destes obradoiros é ofrecer unha oportunidade para saír da rutina, socializar e fomentar a creatividade a través da realización de traballos manuais.